UNICEF

 Nena de [[Biafra O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia, máis coñecido como UNICEF foi creado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 11 de decembro de 1946 co nome de Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para a Infancia, tiña como misión atender as necesidades dos nenos e nenas na China e Europa tras a segunda guerra mundial e cando a ONU decidiu en 1953 que tivera tempo indefinido mudou o seu nome para o actual. A súa sede central está en Nova York e colabora cos países en desenvolvemento para procurar o benestar infantil. En 1965 foille concedido o Premio Nobel da Paz

Primeiro foi coñecido como UNICEF, acrónimo de ''United Nations International Children's Emergency Fund'' (en galego, Fondo Internacional de Urxencia das Nacións Unidas para a Infancia). En 1953, UNICEF convértese en organismo permanente dentro do sistema de Nacións Unidas, encargado de axudar os nenos e protexer os seus dereitos. O seu nome foi reducido a fondo das Nacións Unidas para a Infancia (''United Nations Children's Fund''), pero mantívose o acrónimo UNICEF polo que é coñecido ata agora.

Outorgóuselle o Premio Nobel da Paz en 1965 e o Premio Princesa de Asturias da Concordia en 2006. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 3 results of 3 for search 'UNICEF', tempo de consulta: 0.01s Limitar resultados
  1. 1
  2. 2
  3. 3